quinta-feira, 24 de dezembro de 2009

FELIZ NATAL

Hoxe estamos de cumple. O autor, ó que xa lle caen enriba uns cantos (non vos vou dicir cantos :-P), e ó blog 6 meses que cumple tal día coma hoxe. 6 meses nos que superamos todas as expectativas que tiña cando iniciei esta andaina, e se é así é por vos, lectores.

Visitas mensuais a nosquedaportugal e alemdominho, datos a 24 de nadal.

6 meses nos que rebasamos as 11.300 páxinas descargadas, máis de 125 artigos, 5 portadas en chuza (contos para nenos en galego, conversa con Antón Reixa, cortina de fume, as incribles contas do Pastor, o día 25 e o galego), entrevistas con Manuel Lourenzo e Antón Reixa, colaboracións noutras webs, comentarios dos lectores e a vosa atención, impagable.

A todos, moitas grazas... e Bon Nadal. Porque estes son tempos de desfrutar cos seres queridos, e días atarefados tamén, para todos. Así que este blog tómase un descanso duns quince días, ata despois de reis. Entre medias probablemente o triste governo que nos desgoverna probablemente terá cometido un dos peores crimes contra o noso ben común máis prezado, a nosa língua, así que para contrarrestar dexexarvos un feliz 2010 coa tarxeta de felicitación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, http://coordinadoraendl.org.


Falaremos das trabas que lle queren poñer ó galego á volta. E de Portugal, e Brasil, da lusofonía, e da nosa historia que explica quén somos e por qué somos como somos hoxe, e de Galiza no mundo, e de moitas outras cousas.

Ata entón, Bo Nadal e Feliz 2010 a tod@s.

quarta-feira, 9 de dezembro de 2009

CONVERSA CON ANTÓN REIXA (2)

(segunda parte da conversa con Antón Reixa. Podes ver a primeira parte premendo aqui)


A nosa conversa non foi grabada en video. Unha mágoa, porque poderíades ver cómo foi mudando o semblante de Antón dende o xesto de extrañeza ó non saber por onde ían os tiros na seguinte pregunta, ó sorriso incontíbel cando se decatou das miñas intencións...

C: Un mira as últimas noticias musicais dos últimos tempos, e volven The Police, volve Sex Pistols, volve Blur... xa sabes o que che vou preguntar (risas, case non remato de facer a pregunta...) Vai haber revival dos Resentidos algún día?

AR: Non, seguro que non... (bebe un grolo de cervexa, non sei se para darse tempo...)

C: E segues mantendo contacto có mundo da música?


AR: Si, manteño contacto, non moi frecuente, cos compañeiros do grupo. Non, non creo que haxa revival porque todos coincidimos en que Os Resentidos é algo que nos pasou por casualidade, é o mellor que nos pasou na nosa vida, pero nos pasou por casualidade. E non, non volveríamos... eu de feito non boto de menos o mundo da música. O único que boto de menos é o de escribir cancións, que me gustaba moito, pero o de actuar e esas cousas, non.

Os Resentidos - Fai un sol de carallo


(hostia, non me digas que Jimenez Losantos tocaba a bataca en Os Resentidos???)


C: Entón, botando a vista atrás, de toda a túa traxectoria, non só musical, en xeral, qué escollerías como o mellor ou o que máis...

AR: O que máis me divertín, dende logo, é coa música. A música foi tremendamente divertido, unha porque é desas cousas que che ocorren por casualidade, porque coñeces a moita xente, porque incluso todas esas lendas urbanas dos grupos de rock en xira son verdade, é ocurren cousas maravillosas nas furgonetas, e nas copas despois dos concertos, e paseino moi ben, moi ben. Pero tamén sempre fun consciente de que eso me pasou por casualidade, que eu son analfabeto musical. No grupo era 'non toca nada, pois que cante', i eu estaba alí porque o que quería era facer letras de cancións. Na miña familia aínda se seguen sorprendendo de que eu chegara a vivir profesionalmente de cantar porque non canto nin no Nadal, o sea que... Pero ten o encanto ese, que o pasei moi ben.

C: Pois relacionado con ese tema, eu púxenlle o nome 'Menos mal que nos queda Portugal' ó blog sen saber que tí inventaras aquela frase, porque para min era unha letra dunha canción de Siniestro, que está un pouco relacionado contigo...

AR: É desas casualidades. No ano 81 ou 82 eu acabei a Licenciatura de Filoloxía Galega, e naquel momento era cando empezaba a haber implantación da língua galega no ensino e nos institutos, e nos encontrábamos nunha situación paradóxica de que estaban implantando as clases de galego pero estábamos un grupo de licenciados, uns 20 ou así, sen traballo. Entón iniciamos unha serie de actividades reivindicativas, de encadenarnos na Delegación de Educación, de...

C: Esto onde, en Vigo? En Santiago?

AR: Andábamos por toda Galicia, pero... as accións que máis recordo é unha vez que nos encadeamos na Delegación de Pontevedra, e outra vez que organizamos unha sentada no medio do Obradoiro, que era moi patética porque eramos moi poucos... I eu tiña a coña, porque entre nós había, daquela había moita polémica entre os licenciados en galego entre os lusistas e os non lusistas, había entre nós compañeiros lusistas que normalmente discutíamos moito por cuestións da normativa do idioma, pero naquel momento estabamos todos xuntos pelexando por un posto de traballo. Entón eu como un guiño ós meus compañeiros lusistas empecei a gritar de broma naquela sentada "Menos mal, que nos queda Portugal!!"

C: Para conseguir traballo, vamos.

AR: Para conseguir traballo. Era unha ironía cós meus amigos lusistas. E logo coincidíu unha presentación, nun concerto de Siniestro en Rock-Ola en Madrid, i eu saín a presentalos facéndome pasar por un sobriño putativo de José Afonso, e falei en portugués e acabei berrando 'Menos mal que nos queda Portugal'. E aquelo funcionaba. E logo ocurriu que o terceiro álbum dos Siniestro se chamou así, e a frase tivo unha popularidade grande.


C: Un tema que sempre quero tocar nas entrevistas, porque o blog fala de cultura galega e de cultura portuguesa, é qué significou na túa obra e na túa vida Portugal.

AR: Portugal....

C: Ou que referentes da cultura portuguesa nos podes dar.

AR: Portugal é un pouco un amor imposible, desde a experiencia da creación cultural. Esta tarde aínda falaba cun amigo meu portugués director de cine, estábamos intentando levantar unha coproducción, pero é un sitio que é paradoxal. Por exemplo, o único sitio do mundo onde vin eu anunciado "Los Resentidos", así, "Los Resentidos de España"

C: ...con "ele"...

AR: con "ele", "Los Resentidos de España"...

C: ...foi en Portugal...

AR: ...foi en Coimbra...

C: ...miña nai...

AR: ...foi en Coimbra, tocando na Queima das Fitas, que é a festa universitaria da Universidade de Coimbra.

Cartaz da 'Queima das Fitas, 2009'. Fonte: http://2009.queimadasfitas.org


Que é así. Que todo o que ten que ver con ese espazo da lusofonía tropeza coa comprensión dos outros, e hai que pensar que os outros en términos culturais, e non só culturais, terán outros problemas. Sen embargo sentín unha fascinación sempre por Portugal, versionei a Jose Afonso, Galicia Canibal se editou en Portugal, teño grabado discos en Portugal, coproducido algunhas cousas con Portugal, pero é eso, un pouco un amor imposible.

C: E por último, sobre actualidade. Sobre a batalla contra a língua do governo actual, e parafraseándote, "estamos en guerra pero hai que reflexionar"?

AR: (sorri) Si, si que estamos en guerra, nunha guerra que ademáis non contábamos. Temos que reflexionar porque ó final nos estábamos un pouco disimulando a nosa falta de coraxe na defensa do galego pois pensando que non había relativamente conflicto, que non había unha hostilidade instalada na sociedade. Pero claro, non nos dábamos conta que as políticas lingüísticas necesitan aplicación e necesitan convicción. E que ademáis son fráxiles, porque por precaria que a algúns lles poidera parecer a lexislación que había a favor do galego, xa quixeramos agora que non perigase, non? Entón eu ahi creo que debemos ser moi rotundos e sinceros na defensa do idioma, porque temos a razón histórica, estamos defendendo a diversidade e a liberdade lingüísticas. É unha mágoa que fose a dereita quen nos arrebatara a bandeira da liberdade lingüística, porque ninguén mellor ca nós pode representar esa liberdade. É tamén unha mágoa que nos opoñan o bilingüismo cando realmente os únicos individuos bilingües somos os galegofalantes. Por tanto creo que temos que ser moi activos na defensa. E tamén creo que teríamos que facer un exercicio de autocrítica en dúas direccións: unha, que toda política lingüística vale de algo, é dicir, incluso a Lei de Normalización, e o galego no ensino, aínda aplicados coa pouca intensidade que se aplicaron, si tiveron algún efecto, e por delicada que sexa a situación do idioma hoxe, tería sido peor sen esas políticas lingüísticas.

C: É que esa pregunta cha quería facer, porque me gusta facela sempre á xente que levades moitos anos ahi: pensas que o galego está hoxe peor que hai vinte anos ou que hai trinta?

AR: Non, eu non o penso. Eu creo que a política lingüística polo menos tivo un efecto de contención. E logo hai dous datos novos na historia de Galicia, que son contradictorios, pero que debemos incorporar ó noso discurso: un é que por primeira vez, en Galicia hai individuos bastantes que foron alfabetizados en galego. O falen máis ou o falen menos, ou non o falen nada, pero foron alfabetizados en galego e poden expresarse i escribir en galego sen problemas. Eso é unha situación nova. Eu por exemplo son neofalante, me incorporei ó galego ós 17 anos, e viña dun entorno castelanfalante, e os primeiros anos falaba 'como un apache'. Agora eu noto que son moitos os individuos alfabetizados en galego. E fronte a eso hai un dato 'jodido', que tamén por primeira vez na historia de Galicia, nos últimos 50 anos hai moitísimos individuos que teñen como língua materna o castelán, e os defensores do galego que, cántas veces invocamos o...

C: ...o galego como língua materna...

AR: ...o galego como língua materna, e os aspectos derivados dos problemas de que non se respetaba a língua materna, temos que contemplar esa variable. Polo tanto temos que adecuar un discurso a unha realidade cambiante, e que logo se materializa en algo que é así: o discurso nacionalista sobre o idioma sempre estaba basado en muita enerxía ideolóxica e na suposición de que o desexable sería que o galego sustituise ó castelán. A día de hoxe é impensable, impensable que o galego sustitúa totalmente ó castelán en Galicia. É impensable unha Galicia monolíngüe en galego, e non é nada desexable unha Galicia desde logo monolíngüe en castelán. Entón, activar todos os resortes a favor do galego, medidas de discriminación positiva para o galego, todo eso é a nosa defensa e debemos utilizar a intelixencia.

Sitio distinto: 'Estamos en guerra, pero hai que reflexionar'.
Fonte: www.todocoleccion.net


C: Unha cousa na que estamos mellor é na producción cultural. Eu sempre lle digo á xente, tí compara o que se facía, en todos os eidos, en galego hai 50 ou 100 anos...


AR: Eu cando empecei a escribir, no ano 75 - 78, cando empezamos a escribir e publicar, cada día que dábamos un recital ou presentábamos un libro tiñamos que responder a por qué o faciamos en galego. A día de hoxe, afortunadamente, case é máis fácil en Galicia facer poesía en galego que facela en castelan. En Galicia. Outra cousa é que os galegos que escriban en castelán teñan todo o mercado hispanofalante, e toda a industria editorial para eso. Pero esa é unha situación que afortunadamente evolucionou. Eu non son apocalíptico. Son crítico, pero non son apocalíptico.

C: Pois moitas grazas, Antón.

AR: Moitas grazas a ti.

terça-feira, 8 de dezembro de 2009

CONVERSA CON ANTÓN REIXA (1)

Despois do éxito da primeira conversa do blog, con Manuel Lourenzo, había que buscar o xeito de manter o nivel dos entrevistados. Xa había algún tempo que tiña en mente tentar de manter esta conversa, por unha banda porque Antón Reixa é sen dúbida unha das figuras máis importantes da nosa cultura nos últimos 30 anos, e por outra, porque hai só un par de meses descubrin, por un artigo do propio Reixa no Xornal, que fora Antón Reixa e non os Siniestro Total os que acuñaran a frase que da nome a este blog: Menos mal que nos queda Portugal.

Antón Reixa, de conversa para nosquedaportugal. Fonte propia.


Por iso, aproveitando a xentileza de Antón, mantivemos a semana pasada unha charla nunha cafetería da Coruña -e desta vez como vedes non esquecín levar a cámara de fotos!- que podedes ler a continuación. Que a desfrutedes.


Caralladas: A primeira pregunta, Antón, e vai ser a última...

Antón Reixa: Como 'a última'?

C: A primeira vai ser a última... sobre política.

AR: Ah!

C: Pero que che teño que facer despois do doutro día... algo moi sinxelo, non me vou meter máis en política, de verdade! Despois da Asemblea de +BNG, que tal se leva o de estar en boca de todo o mundo por razóns políticas?

AR: Bueno, eu non o percibo así. O que si é certó é que despois de moitos anos de estar inactivo políticamente decidín dar un paso para tratar de articular unha alternativa dentro do nacionalismo e dunha esquerda moi plural... e tomeino con certa enerxía, non?

(risas, e pide unha cervexa sen alcool á camareira, que acaba de se achegar)

e tomeino cunha certa... ansia. Noto no entorno que hai máis cansanzo do que eu contaba, que hai máis escepticismo, porque pasaron os anos... Porque eu creo que a política cambia, colabora non a facer revolucións pero si a mellorar as condicións de vida e de relación entre a xente.


C: Buscando información para a entrevista atopei unha conversa que tiveches có xornal El Pais en 2003, que comentabas "a mis años ya me gustaría encontrar un oficio definitivo".

AR: (risas)

C: e queríache preguntar se a estas alturas xa o atopaches... porque daquela aínda non estabas có tema do Cluster, e agora parece que estás un pouco máis volcado con eso, non?.

AR: Si, pero bueno, era empresario, estaba estreando 'O lapis do carpinteiro'. Non, agora teño claro que hai algo permanente na miña vida desde moi novo que é...

C: ... a poesía...

AR: ... que é escribir poesía, e ademáis vincular a poesía a outros códigos multimedia e interdisciplinares, i eso é o que seguín facendo e o que sigo facendo. E dicir, agora me colles que marcho este fin de semana a Suíza a traballar cun amigo nunha performance. Eso é o de sempre, e o que unha novidade na miña vida xa totalmente asumida nos últimos dez anos é que son un empresario audiovisual e que quero se-lo, e que me sinto moi a gusto ahi, traballando con moita xente.

C: Podes comentar un pouco os obxectivos do Cluster Audiovisual Galego, CLAG, cómo funciona e qué perseguides?

Clúster audiovisual galego. Fonte: www.clusteraudiovisualgalego.com


AR: O Cluster é unha agrupación empresarial fundamentalmente vinculada para establecer relacións de cooperación entre empresas. Nos ás veces dicimos que é un clube de negocios que serve para que os que traballamos no audiovisual nos coñezamos, e...

C: Pero ó final sodes competencia realmente, ou non?

AR: Si, pero precisamente para romper que somos competencia na vida dos negocios, buscar vías de colaboración... Hai unha función que cumple o Cluster moi ben i é que ningunha das empresas que hai en Galicia ten tamaño suficiente para ter un departamento propio de I+D, i en donde é máis activo o Cluster é en I+D, e dalgunha forma todos aceptamos tácitamente que o macro departamento de I+D de todos é o Cluster, que realmente ten medios e diñeiro para facelo. E nunha cousa que tamén son servizos para as empresas, estamos moi preocupados pola internacionalización, e organizamos ó ano 8 ou 9, case dez misións empresariais a feiras e mercados, que ahí non somos competencia, mancomunamos servizos, e iso que é moi importante para as empresas, internacionalizarse, estar nesas citas, pois o Cluster organiza as axendas, as inscripcións, asume gastos de viaxe, de estancia, fai unha labor incluso para os que necesiten de traducción, interpretación, contactos, etc.

C: Falando de internacionalizar, unha cousa que eu detecto é que o sector audiovisual galego efectivamente vai a máis, e sin embargo o cinema en galego, as series en galego, etc., pois non parece que progrese tanto. Entón eu quería preguntarche se vos non vedes saída para ó cinema en galego, ó audiovisual en galego, mercados como Portugal ou Brasil?

AR: Si, pero... precisamente hoxe veño de presentar unha coproducción con Brasil, pero, é dicir, son ámbitos de colaboración moi interesantes, cun valor estratéxico, pero hai que facer, é dicir, a gran sorpresa dos meus coproductores nesta película en Brasil, cando viñeron aqui e descubriron que falamos galego, que os actores galegos que colaboran na película poden...

C: ...hai moito descoñecimento sobre iso...

AR: Hai moito descoñecimento. Pero de todas formas a lusofonía para nós é un horizonte de esperanza, en términos lingüísticos, en términos de intercambio cultural, en terminos tamén de mercado. Brasil é un dos mercados máis intersantes do mundo actualmente, é dende logo para a industria cultural. De todas formas, o que xa está testado do audiovisual galego é que temos unha capacidade de producir para nós mesmos: un dos grandes éxitos do audiovisual galego é a cantidade de series de ficción de producción propia que se fixeron nos últimos doce anos.

C: No mercado da TVG

AR: Si, pero teñen a virtude de que compiten nas parrillas con series españolas, e mesmo lle gañan, non? Eso é algo que temos que ter autoestima, non? O que sí ocorre no audiovisual, é que os problemas que poida ter o galego tampouco son moi diferentes dos doutras línguas europeas. O grande problema que hai no mercado audiovisual europeo, como en xeral todo o que afecta á industria cultural, ten que ver coas línguas vehiculares e no cinema coa língua de rodaxe. Non é moi diferente o problema que podemos ter para distribuir en Europa unha película en versión orixinal en galego da que poden ter en Holanda, en Dinamarca, en Noruega ou en Suecia. Obviamente é algo que cada vez se terá que facer máis.

C: Tedes apoio da Xunta? Notouse o cambio da Xunta, se hai máis apoio, menos apoio... ? Bueno, máis xa non che pregunto...

AR: Non se sabe porque non están!!

C: É que é unha cousa que che quería preguntar en relación a eso, porque a primeira conversa que fixen para o blog foi con Manuel Lourenzo, a quen tí coñeces ben, e lle preguntei precisamente polas subvencións ó teatro e á cultura galega en xeral. El me decia que defende que o poder subvencione, "pero non interveña no máis mínimo nel".

Manolo Rivas na presentación de 'Episodios galegos, Tempos de esperpento'.
Fonte: www.atlantico.net


E por exemplo hai pouco lía a Manuel Rivas, falando do tema do 'Achegarte', criticando "a falta de respeto do discurso dominante cara a cultura galega, a menos subvencionada de Europa", dicía Manolo Rivas.

AR: (asinte)

C: Queríache preguntar como ves neste sentido o tema das subvencións, se estamos máis subvencionados que outros...

AR: A industria cultural é unha industria que necesita estar subvencionada en todo o mundo, fundamentalmente non porque sexa un adorno, ou porque sexa un luxo, senón porque é unha necesidade e logo porque tamén aporta riqueza, riqueza incluso económica, é dicir, a industria cultural é unha parte importante do producto interior bruto, está subvencionada en todos lados i é importante que o siga estando porque é riqueza para a sociedade. En Galicia curiosamente, nos últimos anos, desde o 85, aínda que non fora ás veces unha relación moi cordial ou moi harmónica, o certo é que esa converxencia entre a Administración Pública e o sector privado é a que deu como resultado todo esto, senón non estariamos falando da industria audiovisual en Galicia. Outro problema son os modelos de xestión, xa co governo bipartito se estaba notando que as competencias audiovisuais non tiñan un modelo de xestión claro, que estaban difuminadas entre Cultura e a Secretaría Xeral de Comunicación, e paradóxicamente agora có novo governo levamos oito meses que están na mesma indefinición. Ese é o problema.


Continúa mañán na segunda parte da entrevista, onde falaremos de Os Resentidos, de onde saíu a expresión 'Menos mal que nos queda Portugal', dos amores imposibles con Portugal e dos tempos que estamos a vivir actualmente en relación coa nosa língua.

Ata entón, podedes coñecer máis sobre o traballo que está a desempeñar o CLAG nesta entrevista a Antón en youtube:



Ata mañán.

quarta-feira, 2 de dezembro de 2009

OS LUSÍADAS

A epopeia portuguesa por excelência, Os Lusíadas, de Luís Vaz de Camões, foi publicada em 1572 e constitui a maior obra da literatura clássica portuguesa.

Caminho percorrido pela expedição de Vasco da Gama. Fonte: pt.wikipedia.org


Narra em forma de poema, a descoberta da via marítima para a Índia por Vasco da Gama, que arranca assim:


1 As armas e os Baró assinalados
Que da Ocidental Praia Lusitana
Por mares nunca de antes navegados
Passaram ainda além da Taprobana,
Em perigos e guerras esforçados
Mais do que prometeram a força humana,
E entre gente remota edificaram
Novo Reino, que tanto sublimaram;

2 E também as memórias Gloriosas
Daqueles Reis que foram dilatando
A Fé, o Império, e as terras vicioso
Da África e de Ásia andaram devastando,
E aqueles que por obras valoroso
Se vão da lei da morte libertando,
Cantando espalharei por toda parte,
Se a tanto me ajudar o Engenho e arte.

3 Cessem do sábio grego e do troiano
As Navegações grandes que fizeram;
Cale-se de Alexandre e de Trajano
A fama das vitórias que tiveram;
Que eu canto o peito ilustre Lusitano,
A quem Neptuno e Marte obedeceram.
Cesse tudo o que a Musa antiga canta,
Que outro valor mais alto se alevanta.


Camões defende que um povo como o português é capaz de conseguir tal façanha, é assim porque a história do povo português é a história de um povo glorioso. Assim, Os Lusíadas se converte em uma obra através da qual podemos conhecer muito da história de Portugal, de Luso a Viriato, Afonso Henriques e do nascimento da nação portuguesa, as batalhas de Ourique e Aljubarrota, e da expansão marítima de Portugal, da qual Vasco da Gama é o seu maior expoente.

Mas se há um episódio da história de Portugal cantado milhares de vezes, que constitui um dos versos mais reconhecidos de Os Lusíadas, e que está também intimamente relacionada com a história de Portugal e as tentativas de sua nobleza por se integrar em Portugal durante o século XIV , é a trágica história de Inês de Castro.

Inês de Castro. Fonte: pt.wikipedia.org


Este é um extracto da tragédia de Inês de Castro contada por Camões:

120 «Estavas, linda Inês, posta em sossego,
De teus anos colhendo doce fruto,
Naquele engano da alma, ledo e cego,
Que a Fortuna não deixa durar muito,
Nos saüdosos campos do Mondego,
De teus fermosos olhos nunca enxuto,
Aos montes ensinando e às ervinhas
O nome que no peito escrito tinhas.

121 «Do teu Príncipe ali te respondiam
As lembranças que na alma lhe moravam,
Que sempre ante seus olhos te traziam,
Quando dos teus fermosos se apartavam;
De noite, em doces sonhos que mentiam,
De dia, em pensamentos que voavam;
E quanto, enfim, cuidava e quanto via
Eram tudo memórias de alegria.

122 «De outras belas senhoras e Princesas
Os desejados tálamos enjeita,
Que tudo, enfim, tu, puro amor, desprezas
Quando um gesto suave te sujeita.
Vendo estas namoradas estranhezas,
O velho pai sesudo, que respeita
O murmurar do povo e a fantasia
Do filho, que casar-se não queria,

123 «Tirar Inês ao mundo determina,
Por lhe tirar o filho que tem preso,
Crendo co sangue só da morte indina
Matar do firme amor o fogo aceso.
Que furor consentiu que a espada fina
Que pôde sustentar o grande peso
Do furor Mauro, fosse alevantada
Contra ũa fraca dama delicada?

124 «Traziam-a os horríficos algozes
Ante o Rei, já movido a piedade;
Mas o povo, com falsas e ferozes
Razões, à morte crua o persuade.
Ela, com tristes e piedosas vozes,
Saídas só da mágoa e saüdade
Do seu Príncipe e filhos, que deixava,
Que mais que a própria morte a magoava,

......

132 «Tais contra Inês os brutos matadores,
No colo de alabastro, que sustinha
As obras com que Amor matou de amores
Aquele que despois a fez Rainha,
As espadas banhando, e as brancas flores,
Que ela dos olhos seus regadas tinha,
Se encarniçavam, férvidos e irosos,
No futuro castigo não cuidosos.

133 «Bem puderas, ó Sol, da vista destes,
Teus raios apartar aquele dia,
Como da seva mesa de Tiestes,
Quando os filhos por mão de Atreu comia!
Vós, ó côncavos vales, que pudestes
A voz extrema ouvir da boca fria,
O nome do seu Pedro, que lhe ouvistes,
Por muito grande espaço repetistes!

134 «Assi como a bonina, que cortada
Antes do tempo foi, cândida e bela,
Sendo das mãos lacivas maltratada
Da minina que a trouxe na capela,
O cheiro traz perdido e a cor murchada:
Tal está, morta, a pálida donzela,
Secas do rosto as rosas e perdida
A branca e viva cor, co a doce vida.

135 «As filhas do Mondego a morte escura
Longo tempo chorando memoraram,
E, por memória eterna, em fonte pura
As lágrimas choradas transformaram.
O nome lhe puseram, que inda dura,
Dos amores de Inês, que ali passaram.
Vede que fresca fonte rega as flores,
Que lágrimas são a água e o nome Amores!


De Inês de Castro falaremos próximamente quando reinicie os artigos 'La Coruña de toda la vida' sobre a história de Portugal nos séculos XIV e XV. Quanto a Camões e sua literatura, tendes à vossa disposição Os Lusíadas, integralmente, no site do Instituto Camões:
http://cvc.instituto-camoes.pt/bdc/literatura/lusiadas/

quarta-feira, 25 de novembro de 2009

ESTÁ NA HORA DE CONHECER O BRASIL!!

Estamos todos na hora de conhecer o Brasil, eu o primeiro. De 2010 não passa.

Campanha do MTur incentiva viagens domésticas nas férias.
Fonte: www.brasilcultura.com.br


Campanha de promoção turística do Brasil. É uma campanha interna, para incentivar o turismo dos próprios brasileiros no interior do país, mas bem podemos aplicar o conto eiqui na Galiza.

Mais info: http://www.brasilcultura.com.br/cultura/esta-na-hora-de-conhecer-o-brasil/

terça-feira, 24 de novembro de 2009

LULA, O FILHO DO BRASIL

Em terça-feira 17 foi a pré-estréia do filme 'Lula, o Filho do Brasil' na 42 ª edição do Festival de Brasília do Cinema Brasileiro, www.festbrasilia.com.br, "filme biográfico baseado na trajetória do atual presidente brasileiro Luiz Inácio Lula da Silva. Dirigido por Fábio Barreto, cineasta indicado ao Oscar por O Quatrilho, o filme está previsto para estrear em todo o subcontinente sul-americano no início de 2010. Ele tem como atriz principal a queridinha do Brasil, Glória Pires e ainda sua filha Cleo Pires ".


'Lula, o Filho do Brasil' - Trailer




Com a má fama que tem a política e os políticos em geral, já diz muito que um presidente lhe adiquen um filme durante a sua presidência. Claro que Lula é muito Lula. No Brasil ainda resta muito por fazer, mas aquele homem do que temiam os neocon em todo o mundo, quando chegou ao poder foi capaz de colocar o Brasil na boca de todos em menos de uma década. Algo faría. Algo faria.

sábado, 21 de novembro de 2009

TUDO ISTO É FADO

Já há algumas semanas botamos em falha de um tema que, depois de quase 5 meses publicando artigos sobre a cultura da Galiza e Portugal, já vai sendo crime não ter falado dele: O Fado.

Bem é verdade que, embora caralladas é um apaixoado da música, do Fado não sabe muito e não são capaz de instruir a ninguém. Mas como temos todo o tempo do mundo pra ficar vendo coisas de vagar, podemos começar pelo imprescindível e deixar que seja a Rainha do Fado, Amália Rodrigues, que nos instrui e nos enquanto que é isso do Fado.

Não deixe de escutá e ler a letra que vos deixo a seguir, porque é uma maravilha.


Amália Rodrigues - Tudo isto é fado





Letra:
TUDO ISTO É FADO

Perguntaste-me outro dia Se eu sabia o que era o fado
Disse-te que não sabia Tu ficaste admirado
Sem saber o que dizia Eu menti naquela hora
Disse-te que não sabia Mas vou-te dizer agora

Almas vencidas Noites perdidas Sombras bizarras
Na Mouraria Canta um rufia Choram guitarras
Amor ciúme Cinzas e lume Dor e pecado
Tudo isto existe Tudo isto é triste Tudo isto é fado

Se queres ser o meu senhor E teres-me sempre a teu lado
Nao me fales só de amor Fala-me também do fado
E o fado é o meu castigo Só nasceu pr'a me perder
O fado é tudo o que digo Mais o que eu não sei dizer

Almas vencidas Noites perdidas Sombras bizarras
Na Mouraria Canta um rufia Choram guitarras
Amor ciúme Cinzas e lume Dor e pecado
Tudo isto existe Tudo isto é triste Tudo isto é fado

Amor ciúme Cinzas e lume Dor e pecado
Tudo isto existe Tudo isto é triste Tudo isto é fado



Máis informações:

- Web Amalia Rodrigues: www.amalia.com
- Fado: www.fado.com com informações sobre os principais Fadistas históricos.

quarta-feira, 18 de novembro de 2009

UMA MAGNÍFICA NOTICIA

A língua galega atravessou um período de decadência na escrita literária e nos registros oficiais entre os séculos XVI a XVIII, conhecidos como "Séculos Escuros". Motivados pelas consecutivas derrotas da nobleza portuguesa nas lutas dinásticas pela Coroa de Castela no século XV eo apoio da Igreja portuguesa para a nova monarquia, a nossa língua pervivíu principalmente através da fala da quase totalidade da população. A substituição linguística ainda teria de esperar até ao século XX, e principalmente em sua segunda metade, por motivos bem conhecidos.

Mas apesar disso, a presença do galego na escrita nesses três séculos é muito escassa, não é nula. Na entrevista da semana passada, Manuel Lourenço nos contava como há anos percorrer o sul da Galiza e do norte de Portugal, representando a obra 'entremez famoso sobre a pesca no Rio Minho ", obra teatral de Gabriel Feijoo de Araújo do ano de 1671, escrita integramente em galego com intervenções em português dos personagens fidalgos da outra beira do Minho.

Não é o único caso em nossa literatura (romances diversos como o Lamento da Frouseira, o Soneto de Monterrei ou Colóquio de 24 Gallegos Rústicos de Frei Martin Sarmiento, entre outras, e também de artistas galegos que naquela época escreviam em português), bem como na narrativa histórica (composições sobre os saques de Cangas pelos turcos-episódio do que falamos há pouco em 'Maria Soliña' -, ou sobre a Batalha de Rande, em 1702, atribuído o Padre Feijoo). Também houve espaço para a presença do galego na panxoliñas-cáseque provavelmente a única presença do galego nas igrejas-e na classe fidalga autóctone portuguesa até à sua total substituição pela nobleza castelhana.

Da presença do galego na escrita durante os Séculos Escuros Tendas ampla informação no artigo da wikipedia A Literatura Portuguesa dos Séculos Escuros.


Manuscrito inédito em galego escrito durante os Séculos Escuros.
Fonte: www.editorialgalaxia.es


Mas a passada semana, vimos de receber uma excelente notícia a este respeito: a descoberta de um documento de valor histórico incalculável, um manuscrito em galego do primeiro terço do século XVIII, da autoria de Pedro Otero e que leva por título 'Ystoria dela Santa Yglesias de Iria Flavia e translação ala compostelana '.

O manuscrito, íntegramente escrito em galego, "trata-se de uma completa história de São Paulo e vai ser uma ferramenta de trabalho essencial para filólogos e historiadores, muito mais, segundo destaca-Campinas, que a 'Crónica de Santa Maria de Iria', códice escrito por Rui Vásquez em 1468 ".

Uma excelente notícia por duas razões: vem a se a pouca bagagem literária desses séculos que tem chegado até nós hoje, e pode ofrecernos informações sobre a nossa História em anos, dos quais apenas tem conhecimento mais do que pelo que contam de nós os 'imparciais' historiadores espanhois.

Mais informações, em www.editorialgalaxia.es

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

CONVERSA CON MANUEL LOURENZO (2)

(continuación da primeira parte)

Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, en Casahamlet.
Fonte: http://blogdecasahamlet.blogspot.com/


C: E unha última pregunta sobre o teatro en xeral, cómo ves a situación actual do teatro galego, o Centro Dramático, aqui en Casahamlet...

ML: A situación do teatro en Galicia é precaria, moi precaria. O Centro Dramático? Xa veremos... non ten nin director! Eso está descabezado, non sei o que van facer nin o que non. Nin creo nada no que din que van facer, non creo nada a esa xente... Esto (Casahamlet) vai funcionando... agora claro, é moi distinto o primeiro ano de Casahamlet, hai once, que agora, nótase moito no personal que... a capacidade de expresión oral, por exemplo, é moi diferente.


C: si?

ML: está moi reducida. A linguaxe é máis fragmentaria, hai menos vocabulario, xa non se sabe o que son os acentos... A linguaxe está moito máis deteriorada nestes once anos, non nos alumnos senón en xeral na sociedade, e nótase aqui.


C: Pero na língua en xeral ou na língua galega?

ML: Na língua en xeral. Na língua galega nótase bastante porque está xa moi minorizada, está moi, digo eu, moi atacada por moitos flancos. O que se trata agora parece o plan español é acabar coa língua galega para non ter xa un problema ahi, e entrar a saco as grandes empresas a controlar todo. E a língua galega non deixa de ser un pequeno obstáculo porque claro, como logrou algunha conquista a través do Estatuto de Autonomía e tal e das liberdades, pois haberá que barrer eso, no? É a política de "Esperanza y del Rajoy y del otro de los cojones y todos estes". Son sicarios dun poder, dun poder que xa nin lle chamo central porque hoxe central non é nin os Estados Unidos. Simplemente un poder, ía decir maragato de cando os maragatos controlaban o comercio de aqui, pero non, porque non é maragato, que está en Madrid clarísimamente, aínda que estea tamén na cabeza de moitos galegos, por desgracia.


C: Unhas preguntiñas sobre a túa obra. Para un autor as súas obras son coma os seus fillos, custa elexir. Atréveste a elexir algunha?

ML: Si! Eu clarísimamente. Home non dunha maneira rotunda, pero a min gústame especialmente unha que se titula 'O circo da medianoite'. Está publicada hai anos nun libro cunha de Roberto Vidal Bolaño e outra de Euloxio Rodríguez Ruibal. Non é a única, coidado, pero ahí, como noutra ocasión, fixen unha especie como dunha condensación das preocupacións dos últimos anos, reunidas nunha obra que ten unha certa unidade, unha centralidade máis que unha unidade. Xa o fixera tamén noutra ocasión con unha que se titulaba...

(bota un bó rato pensando, mais non acorda. Este home ten xa tal bibliografía ás súas costas, que como pra lembrar todo o que ten escrito)

... transcorría na Selva Negra, creo, nun sanatorio, pero non lembro algúns títulos.


C: Na Selva Negra en Alemania?

ML: Si, si.


C: Ti viviches alí.

ML: Non!


C: Non viviches en Alemania?

ML: Si, pero é unha zona a Selva Negra que significa determinadas cousas, entón a min váleme como referencia, non só pola miña aficción por ese país, senón que pode ser outro lugar calquera, tamén nun momento dado pois centreime moito en Lübeck, i eu nunca fun a Lübeck, i en Kiel, xa na punta practicamente que apunta a Dinamarca... Pero son rutas hanseáticas que a min me significan moito, desde un arcano literario e xeográfico, hai veces que entusiasman determinadas paisaxes aínda que non as coñezas, e despois ás veces cando as coñeces levas unha desilusión, ou dis "ah, efectivamente era así como pensara!". Claro, cando as ves no cine xa se fastidiou, xa che dan a imaxen feita! Xa non vale a imaxinación. Por eso, as veces, se sei que unha película procede de unha novela, prefiro ler antes a novela porque así teño as imaxes que me procura, e non collo as imaxes dun cineasta que as fixo.


C: E agora próximamente qué tes á vista?

ML: Agora vai sair un libro que se titula 'Medea dos fuxidos' e que leva seis ou sete obras de mediana ou curta duración. E despois teño case preparado outro libro con catro obras, que cando mo pida Pancho Pillado xa estará ahi. E actualmente estou escribindo unha obra, que non che vou dicir nada dela... Estou escribindo dúas, unha é de encarga, que vai máis lenta, estou esperando a que estreen a que vai estrear, e a miña é para despois. E a outra é unha que escribo con moita ilusión porque é un cambio de técnicas e de cousas... E despois tamén estou preparando uns apuntamentos de cousas pedagóxicas relativas ó teatro... E máis cousas, o que pasa que son tantas que xa, xa nin sei! Unha versión, traducción da Medea; as Troianas xa rematei tamén, que se vai facer en Culleredo; un traballo sobre 'Próspero e Calibán' sobre a obra de Shakespeare 'A Tempestade'... Estou preparando tamén un catálogo de traballos teatrais de Casahamlet, coas funcións, unhas observacións, unha serie de cousas. Traballos variados, igual que as lecturas, cunhas descansas das outras.


C: Esta entrevista é para un blog en internet, Nosquedaportugal, chamado así pola retranca aquela de Antón Reixa.

ML: 'Menos mal que nos queda Portugal', si.


C: No que o que intentamos é falar sobre a cultura galega e a cultura de Portugal, para darmonos a coñecer mútuamente.

ML: Ah, está moi ben, si.


C: Entón quería preguntar, pra falar un pouco tamén de temas do blog, qué significou Portugal na vida e na obra de Manuel Lourenzo?

ML: A min significa moito. Non só a través da literatura. Portugal é unha vía respiratoria, é unha vea que me sae por ahi polo suroeste e que recorro cada vez que... (ri) Pois mira, nunha ocasión, eu fixen teatro en Portugal xa no comezo dos anos 70. Era o primeiro grupo que aparecía por alí galego, en Porto i en sitios así. E nunha desas primeiras ocasións que había dúas funcións en Porto, que logo provocaron a exaltación nunha revista chamada 'cinéfilo', tuvo aquelo moitísimo eco. E despois foi noutra cidade tamén fronteiriza... Bueno, nesa ocasión eu estaba en malas condicións políticas coa policía, i entón... Estaba en liberdade condicional. Entón, non podía ir, non podía ir... e tentei ir a nado!

(eiquí rompimos a rir os dous!! A estas alturas caralladas perdeu o fío do que se estaba a falar de tanto que rin, recoñézoo!!)


C: Polo Miño!?

ML: Sí, por Salvaterra - Monção. Eu buceaba bastante ben... Hai un pasiño da barca, non sabes? Había un posto de guardiñas pero, eu xa sabía un sitio, cunha función que fixemos en Salvaterra calculei o sitio por onde ía pasar. Ademáis ía pasar sen aletas para non chamar a atención. Pero enterouse (...) e púxose feito unha furia, que si estaba tolo e tal. I entón como eso foi uns dias antes tiven que ensaiar a un profesor uruguaio de teatro e poñelo a dar un curso en teatro e circo, que era do Galpón de Montevideo, e fixo él o meu papel, despois de dous días de ensaio. Date conta, tivo que aprender a bailar, bailar pandeirada, cantala, e facer o meu papel, que era relativamente longo, era dos longos da obra. E alá vai Humboldt Ribeiro representándome. I entón pouco despois, como agradecimento chega unha delegación do concello desa cidade, agora non me lembro cál era, a traerme un barco que aínda teño por aqui, e unha medalla enorme de Santa Rita de Cássia, que era a patrona local, que aínda teño. Fíxome moita gracia, pero o que non me fixo moita gracia é que pasaron os anos sen poder visitar Portugal. E despois xa, cando xa puiden ir fun con máis liberdade.


Manuel Lourenzo. Fonte: www.galiciae.com


O bon foi non cando descubrin Lisboa porque xa estivera alí nunha xira de Follas Novas, cantando, no ano cincuenta e, eu que sei, cincuenta e sete ou algo asi. Pero despois cando redescubrín Lisboa, tamén para facer teatro, foi a miña cidade, convertina na miña cidade. Entonces, polo sur, a miña cidade é Lisboa, e cando podo vou. O que pasa é que sempre vou, como eu teño unha idea do aforro bastante... (ri), vou cando teño teatro, porque así gasto o que gaño e xa está. Entón agora tócanos ir en febreiro, a mediados, iremos facer un espectáculo alí, 'Lionel', que xa tiñamos retirado pero que resucita para esa ocasión. E últimamente levaba dous anos sen ir, porque había moito traballo aqui, moitos líos, pero agora eu creo que vou retomar para ir outra vez todos os anos, e sempre aproveito e quedo un día máis ou dous para... para estar máis en Lisboa, ir ás librerías, pasear, a luz de Lisboa, todas esas cousas que enchen moito o espíritu.


C: E da cultura portuguesa qué referentes nos podes dar?

ML: E da cultura portuguesa, o meu referente máximo do século XX son "Os novos contos da Montanha", que me parece a prosa máis fermosa do mundo, xunto con Cunqueiro e con Otero. Todo Pessoa, os clásicos, como sempre, pero sobre todo Pessoa, e de Pessoa para acá. A min a clásica portuguesa non me gusta demasiado, se ben lin con moita intención todo o que teñen medieval ou renacentista en teatro, e naturalmente Gil Vicente, pero interésame moito máis de Pessoa para acá. Agora, o teatro portugués non é forte, é relativamente feble. Sin embargo, qué combativos foron esta xente en torno ó 25 de abril... Hai pouco estiven en Coimbra dando unha conferencia i encontreime cunha señora toda... (ri, e fai un aceno), non vou dicir cómo, que nos anos 70 en Porto era unha auténtica fiebre de modernidade e de todo, no? I encontreina tan catedrática, tan modosa, tan... que dixen "Oi Isabel, tu es a mesma mulher?", e dice "si, pero tu conhecicheme canto estaba grávida!". Claro, o tempo actúa sobre todos.

I esa eclosión que houbo en Portugal eu tamén participei dalgunha maneira traballando alí, nos andábamos có 'Entremés do río Miño' de Feijoo de Araújo, que é unha obra do XVII, que está en galego-portugués; estábamos con 'Zardigot' de Euloxio Ruibal, obras así, non? E íamos moito polo Miño có 'Entremés do Río Miño', recorrimos o Miño gracias a unhas xiras subvencionadas pola Caixa de Aforros de Vigo, Salvaterra, Crecente, Arbo... o mellor dez localidades do Miño. E despois fixemos algunha por Portugal, Monção... E algunha vez que eu me trasladei a traballar alí cun compañeiro que dirixía alí unhas cousas, i entón coñecín un pouquiño máis a fondo a engranaxe do teatro independente portugués e do teatro universitario portugués. E Porto, por exemplo, era unha cidade florecente en teatro. Claro, hoxe é moito máis. Porto hoxe é unha cidade moi importante en teatro, desde teatros estatais a teatros independentes, alternativos... Porto é un totum revolutum, é un totum revolutum moi estrano. Lisboa para iso é unha cidade misteriosa, desde fora non sabes onde vas encontrar algo. Qué vas, ahi os teatros eses grandes Dona María ou a Trinidade, tal?.

Teatro Dona María II, praza do Rossío, Lisboa.
Fonte:
www.mundocity.com


Pero logo buscas tamén por outras cousas, A Comuna, Cornucopia... pero despois tamén hai outras cousas... Pero nunca sabes. É moi confusa, nese aspecto é como Madrid, moi confusa. Nunca sabes se tal teatro foi demolido, ou desapareceu... Tamén pasa con Paris eso, en cambio Londres non, Londres é unha cidade onde sabes en todo momento qué hai en cada esquiña, en cada rincón, porque sabes que en calquera teatriño dos que hai, hai unha caixiña fora con programas onde che dan o reparto de todo, ou quioscos e tal, o reparto de toda a cidade. Está moi informado todo, aparte a través da informática tamen sabes, e ademáis podes comprar entradas con meses de antelación, coa seguridade de que as vas ter alí, non? Está máis organizada nese aspecto porque, claro, teñen a súa parte de negocio. Os teatros son tamén grandes negocios, e grandes investimentos públicos, entón nunca deixan de funcionar dunha forma máis ou menos regular.


(Despois dun bó anaco falando de Portugal, tocaba cambio de tercio...)


C: Cómo está a vivir a batalla contra a língua do governo actual?

ML: joder...


C: (risas)

ML: Claro, un quixera que houbese réplicas todos os días ata que se foran, eu quixera eso. Todos os días réplicas ata que se foran, como tiveron a desfachatez de facer un ataque tan sórdido, e suxo e asqueroso, amargalos ata que se vaian.


C: E tí que viviches moitas etapas da língua, tras moitos anos, cres que está o galego mellor ou peor que antes?

ML: O que pasa é que agora con este ataque, é como a Primavera de Praga. Alí tamén se non había unha resposta doada pois, a Unión Soviética tomaba a situación, é dicir, o militarismo do que foi a Unión Soviética, e claro, unha resposta pero incluso internacional. Aqui non a vamos ter internacional, temos que tela nós, i eu creo que a resposta tiña que ser cansalos ata botalos. Que a resposta debería ser esa para que ninguén máis, nunca, polo menos ata que se esquezan estes feitos, volvera a intentar unha agresión.


C: E qué medidas cres que se poden tomar, ó pé da rúa, a xente, para revitalizar a língua.

ML: Todas, todas. Mira. Os partidos políticos xa non digamos, porque xa teñen a súa forma especial de obrar e de pactar e todas estas cousas. Pero a xente que estea agrupada en asociacións, a xente que vaia por libre, os gremios, incluso artistas, músicos, tal e tal e cual, aínda que sexa cada un por un lado inicialmente, toda a xente que teña conciencia do que se nos rouba roubándonos a língua, que saia á rúa e ós blogs e a todos os medios que existan, e que fagan películas, obras de teatro, cancións... Cancións, que agora non se canta para protestar, nin para atacar. E todos os medios que haxa, no ensino, na Universidade, que está adormecida en grande parte, e submetida a poderes extraños, cómodos, de sofá... Pois que revente dunha puta vez, que estoupe, e que responda. Que se responda desde todos os angulos e desde todas as circunstancias. Eu diría eso. E que haxa movilidade e un pouco de entusiasmo! Porque senón vamos cegos pra a tumba, eh! Cegos e xordos. Por non dicir coxos, trencos, eivados e todo o demáis. Cómo se pode consentir unha cousa así? Eu non o entendo, a verdade é que non o entendo, cantos galegos son capaces de soportar esto sen indignarnse activamente. Porque indignarse é moi fácil, eh. Colles, logo tomas un vaso de güisqui e xa che pasou. Non. Non se trata deso. Non se trata de cagar e xa está, non. Trátase de indignarse pero activamente. Incluso a xente máis pesimista. O pesimismo pode ser activo, i é a mellor actitude que se pode ter, creo eu. Eu ahi sería moi guerreiro. E non digo 'matar a ninguén', que non hai que matar a ninguén, hai que convencer de que non pode ser, de que non se soporta esa agresión, e que fracasaron. E mentres non se siga con eso van pensar que 'bueno, agora vamos deixar que se apague', porque os políticos son así, e a xente da pasta son así, 'las Espes' son así...


C: Pois xa case rematei. A ver se eres capaz de respostar cunha soa palabra...

ML: A ver...


C: Unha cor.

ML: Unha cor? (pensa...) Ningunha... TODAS, todas, hala. Mellor que ningunha, todas.


C: Un libro.

ML: (sospira...) Hamlet!


C: Un sentimento.

ML: Alegría.


C: Un desexo.

ML: Vida.


C: E unha palabra.

ML: eh... eu quería unha frase: "a por eles!!!".



Máis información:

- Biografía en wikipedia: Manuel Lourenzo.
- Bibliografía de Manuel Lourenzo: Ficha do autor.
- Web de Casahamlet: Casahamlet.

quinta-feira, 12 de novembro de 2009

CONVERSA CON MANUEL LOURENZO (1)

Como adiantábamos ontem, para celebrar os primeiros 100 artigos de Nosquedaportugal temos um convidado muito especial.

'Homenaxe a Manuel Lourenzo'. Fonte: www.fervenzasliterarias.com

menos de um mês menos de um mês comentava neste mesmo blog que lhe foi outorgado o Prêmio Álvaro Cunqueiro de teatro a Manuel Lourenzo, uma das maiores figuras da nossa cultura, e provavelmente a mais importante figura do teatro galego, como líder do teatro independente em pleno franquismo, ator , diretor teatral, e um longo etcétera.

A passada semana achegámonos ao centro de teatro que ele próprio dirige em A Coruña, CasaHamlet, onde Manuel teve a xentileza de nos oferecer uma tranqüila conversa para falarmos de tudo um pouco: o prêmio recebido, o teatro, a sua obra, Portugal, a nossa língua .. e à vida em geral. Um oceano de sabedoria deste homem, a quem tenho o enorme prazer de conhecer pessoalmente, e a quem quero agradecer que nos oferece a oportunidade de lhe fazer esta homenagem sentida a partir deste blog.



Caralladas: Manuel, 'Flores de Dunsinane' é unha obra baseada no 'Hamlet' de Shakespeare pola que acabas de recibir recentemente o Premio Álvaro Cunqueiro. Sen embargo, a obra fora escrita hai moitos anos xa, non?

Manuel Lourenzo: En 1980, si.


C: E tamén se presentara a este mesmo concurso entón, mais non fora premiada. Como foi?

ML: Realmente foi a un "concurso universitario", ou algo así, que acabou sendo, anos despois, o actual Premio Álvaro Cunqueiro. Roberto Vidal Bolaño contoume que non houbo premio ese ano, non o concederon. Dixo que un xurado dixera que eso xa o fixera Cunqueiro. Debe ser tratar un tema shakesperiano polo 'Don Hamlet', porque non creo que fosen ignorantes do 'Don Hamlet' de Cunqueiro. Naquel momento pensei eu, pensei... 'qué zopencos, coño!' (risas)


C: É que estiven buscando información da túa obra e non daba con este nome.

ML: Non, é que non se chamaba asi antes, chamábase 'Os Macbeth' daquela. A versión longa. Ó cabo de bastantes anos publiquei nun libriño que ten varias obras cortas, unha, moi curta, que se titula 'Os Macbeth', que debe ter dúas follas ou algo así, que é unha especie de síntese daquela outra. Como sabía que me ía dar moito que arranxar, funa deixando, así coma outras que teño, unha ducia, máis ou menos. Agora por certo vou publicar outra que sairá prontísimo, que se chama... (pensa) 'Medea dos fuxidos', que tamén é dos anos 80, premiada en Ribadeo, que tamén a tiven moitos anos porque non sabía por onde debía tirar, sabía que estaba a obra inconclusa, ou non ao meu gusto, e nunca tiña tempo.


C: E por qué sempre tocas... (Manuel xa adiviña a pregunta por onde vai, e resposta:)

ML: Sempre non, cuidado!


C: Moitas veces! ... tocas os clásicos?

ML: Coidado! Non sempre, moitas veces! Porque son, neste caso Medea de Eurípides, son temas que están en absoluta vixencia hoxendía. En realidade eu creo que vou de vez en cando ós clásicos para non esquecer que o que teño que escribir é teatro, e non outras tonterías. E non digo que o outro sexan tonterías, pero vamos, o meu é o teatro. Entón cando me desnorto un pouco, ou cando o edificio do teatro parece que vai derrubarse polos áticos ou polos baixos, e un está un pouco confuso, o que fago é recorrer ó maxisterio de sempre: os gregos, Shakespeare. toda a xente que creou cousas que aínda hoxe son definitivas.


C: E qué pensas de que cando escribiches 'Os Macbeth' non gañaras ó concurso e agora si, anos despois?

ML: Pois que... a vida é como é! (Ri, e ponse a cantar): "La vida es una ton-tería, tatatá!!" (risas). Esas cousas forman parte da comedia humana. Claro.


C: E tamén dis que non é un premio calquera, por qué non é un premio calquera?

ML: Ah pois non sei por qué o dixen, supoño que para min non porque...


C: ... o Cunqueiro...

ML: ... porque leva o nome de Cunqueiro. E Cunqueiro é como para os arxentinos Maradona, non sabes? Deus. Entón, eu teño algúns autores sacralizados: Otero Pedrayo, Cunqueiro, qué sei eu, Rosalía...


C: pero por Cunqueiro, non polo premio en sí.

ML: Por Cunqueiro, sí, por Cunqueiro. Os premios son todos máis ou menos iguais.


C: Igual que o de fillo predilecto de Valadouro?

ML: home, non... (risas), é distinto, diferente. É unha cousa que se agradece moitísimo porque ademáis alí estás entre amigos sempre. O de Cunqueiro é que me gustaba te-lo porque ten o nome de Cunqueiro, que para mín é moi importante.


C: Para os non iniciados: cómo definirías o teatro?

ML: Uf!! Definir?


C: Que é o teatro?

ML: Para min o teatro... definíumo unha vez Isaac Díaz Pardo, unha vez que discutín moito con él deste tema, dixo "bah, bah, bah! O teatro son gritos nunha praza". É unha definición que me parece perfecta. É sair a unha praza, é dicir, un lugar público, a un lugar público calquera, e crear alí un mundo para os demáis. Iso é o teatro. Unha 're- presentación' da vida, unha metáfora, unha 're- presentación'. Para que os demáis vexan o que facemos, por onde andamos, qué comportamentos hai, por qué se move a xente, qué é o que a move, que aspiracións teñen, qué desexos, en qué omnubilan, por qué matan, por qué morren. O teatro son todas esas cuestións... que eu non lle quero chamar grandes para que non pareza que estou a falar dunha ceremonia relixiosa. Cuestións humanas, son as cuestións humanas, o teatro. É o que non pode faltar, senón non hai país nen hai nada.


C: O poder tamén?

ML: O poder, que é un dos grandes temas...


C: Dicías hai pouco nunha entrevista "o poder só acepta o teatro mentras sexa un adorno".

ML: Claro.


C: E che quería preguntar sobre eso: por qué está sempre o teatro a expensas do poder?

ML: Esa é a gran contradicción, desde Grecia, eh. Porque en Grecia tamén lles pasaba igual. Tiñan que ser aqueles tíos os que organizaban todo, os que permitisen, os que desen o diñeiro...

C: os bancos, como dis sempre...

ML: si, a banca é... puff!!


C: As subvencións. Vive moito de subvencións o teatro galego?

ML: Si, moito. Case totalmente. Non o teatro galego, o teatro occidental, prácticamente. E a min non me parece mal que o Estado apoie o teatro, pero coidado, sen intervir no máis mínimo. Se interven o máis mínimo, xa o contamina, e xa todo empeza a revolverse. Entón eso é tan difícil, tan difícil, que posíblemente sexa imposible. I esa é a grande crise do teatro. Cando os do teatro eramos uns desgraciados, é dicir, os cómicos da legua na antiguedade, e logo pois, no franquismo eses grupos de teatro independente que recorríamos a Península co carromato e actuando por ahí como se podía, escapando das censuras, das policías e demáis, había un atisbo de liberdade e de anarquía tamén, por qué non dicilo, de anarquía, que facía que o fenómeno resultase fermoso, resultase unha aventura. Agora eso son episodios que acontecen entre épocas, antes de que unha época cambie un pouco de sino. Agora nesta época de... de qué?, de... de 'mercanchifles', e de... eso, de mercanchifles, de banqueiros, de sicarios e tal, é moi difícil. Pero eu creo que sempre hai un mínimo da xente que se dedica ó teatro que é capaz de facer esa aventura contra vento e marea, e ás veces ten que enganar ás circunstancias, e ás veces poñerse directamente ó frente de todas elas. Pero mira: o teatro nunca ha perder. Perde a vida, o teatro nunha ha perder. Mentras exista, hai un lugar de confrontación coa puta realidade. E iso é o que ten o teatro, e se non o temos, pois desgraciado o pobo que non ten teatro.


C: E pensas que a crise que está a vivir o cine có tema das descargas en internet, todo esto, pode axudar a que a xente...

ML: Non, non quixera eu que unha cousa servise para comer outra, esa especie de vampirismo que ten a nosa sociedade. O cine é unha cousa moi diferente do teatro. Agrupa ós espectadores nunha cámara oscura, é unha fotografía en movimento, fotografía viva, ten un contaxio coa realidade moitísimo maior, é máis documental, non é a presenza viva, en directo. É unha cousa completamente diferente, é necesaria, pero ó mellor se traslada definitivamente á casa, á pantalla de televisión.


C: Aínda hai moita xente que te coñece como Melgacho...
Melgacho (Manuel Lourenzo) e Couto (Tuto Vázquez), en Mareas Vivas.
Fonte: www.culturagalega.org


ML: Si pero eso é aparte. Esas cousas... Home, se fas teatro só, pois esa obsesión de hoxendía por ser coñecido e popular, se fas teatro só es menos popular, porque te ve menos xente. Se traballas na televisión vete máis xente mentas estás alí, pero despois quén se lembra? A ver, tí lembraste dalgún... tí en que ano naciches?


C: no 76.

ML: no 76. No 86 xa verías a tele, e verías ó mellor algún telediario coa familia, lémbraste qué locutor daba o telediario da noite cando tí eras pequeno? Non. Non, porque cando chos pasan así nun percorrido, "ai mecagontal, xa me lembro aquel...", i estuveche cinco anos con él, ou dez. "Ai mira este, mira este!", e non sabes nin os nomes. Todo corre, pola pantalla todo corre, todo flúe cunha rapidez enorme, i entón personaxes que poden sair no cine ou na tele, ó día seguinte, non digo que ó día seguinte, á semana seguinte, ó mes seguinte, ó ano seguinte, xa son pó, xa non son nada. Eso vai a tono con como pasan as cousas na actualidade: rápidas, fragmentarias e nunca definitivas. Entón eso tamén é unha cousa que incide na paranoia da xente. Porque todo é así, non é só a televisión, ou o cine ou o teatro, é todo así. Todo pasa demasiado rápido, i entón chega o momento en que nos dá a impresión de que a vida pasa tamén demasiado rápido, e a xente vólvese tola i empeza ós 30 anos a estirar a cara, a poñer botox para aquela enruga, e tal... Esa especie de histeria que hai. E somos máis susceptibles a deixarnos enganar por todas as mensaxes que son miles ó día, miles de mensaxes de todo tipo.


(Continúa mañá na segunda parte do artigo, onde falaremos da súa obra, de Portugal, da situación do galego, e máis)