domingo, 18 de outubro de 2009

LÍNGUA DO MEU POBO

12:54 Manifestación pola língua 'Queremos galego' do 18 de outubro,
na Praza de Galiza de Santiago de Compostela. Fonte propia.



Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

12:54 Dende a mesma perspectiva na Praza de Galiza, ó fondo,
a cola de manifestantes vindo da Alameda. Fonte propia.


ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,


13:30 Praza da Quintana. Eiquí non entra ninguén máis...
e algúns aínda están a sair agora da Alameda. Fonte propia.



e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.


Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo


unha historia contada noutra lingoa.


13:49 A Quintana ateigada e Carlos Callón no estrado. Fonte propia.


Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

14:12 Á esquerda, a manifestación atravesando Praterías
pra (tentar) entrar na Quintana. Fonte propia.



mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

14:19 Máis de 2 horas despois do inicio da marcha, aínda quedan manifestantes
na Praza de Galiza dirixíndose á Quintana. Fonte propia.



E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada frente ao mar, ise camiño...



'Deitado frente o mar' - Celso Emilio Ferreiro

Nenhum comentário:

Postar um comentário