sábado, 19 de setembro de 2009

PORTUGAL EM CAMPANHA

Quedan só 7 días de campaña en Portugal. Campaña que podedes seguir comodamente a diario nos seguintes medios:

- Expresso.pt: http://aeiou.expresso.pt/portugal-2009

- Publico.pt: http://eleicoes2009.publico.pt/


A última semana estivo marcada, sobre todo, polo debate entre os candidatos do PS, o socialista Jose Socrates, e do PPD/PSD, a conservadora Manuela Ferreira Leite. Tan así foi, que conseguiu incluso que a campaña electoral portuguesa tivera presencia nos medios galegos i españois, cousa que ata hai unha semana se limitaba a algún artigo no Xornal ou Vieiros. As razóns, o TGV e o "Portugal não é uma provinçia da Espanha!".

Se non vos da erro, podedes consultar o debate íntegro en http://videos.sapo.pt. Senón, podedes consultar, en fragmentos, o debate completo en youtube. Neste extracto, dos primeiros 30 minutos, podedes ver a parte máis interesante, sobre a situación económica, o tren de alta velocidade e as arroutadas de Ferreira:






Tras uns primeiros minutos centrados en discutir quen dos dous é máis demócrata, liortas na xustiza ou se as listas son "falsas" ou non (dado que hai dúas eleccións cáseque consecutivas, chámanlle listas falsas a aquelas nas que un candidato o sexa simultaneamente pra ésta e as autarquías), a partir do minuto 5' (economía) e sobre todo do 20' (TGV), a cousa ponse interesante.

O debate económico é un calco do que estamos acostumados a escoitar por outros lares. Ferreira Leite require que "o modelo económico ten que ser alterado, porque a política actual (de Sócrates) ten como resultado o que estamos a ver". Igual que para Rajoy ou Feijoo, a crise económica internacional é responsabilidade de Zapatero, Sócrates e o bipartito, e non das políticas neocon. "Antes da crise -di a lider do PSD- todos os indicadores diziam que a economia de Portugal descende: desemprego, deficit fiscal...".

O actual Primeiro Ministro, Jose Socrates, distingue en cambio dúas fases. "antes de 2007 melhoramos as contas públicas, e Portugal creou emprego. Só em 2007 Portugal cresceu máis que nos 3 anos em que Manuela Ferreira fora Ministra de Finanças". Logo, nunha segunda fase, no contexto da crise económica internacional "respondemos ajudando ás empresas e as familias, e feito máis gasto público, porque é o que se precisa. É também -dicía dirixindose á Ferreira- uma questão de atitude: nós cremos no País, somos positivos, eu nunca vim um pesimista ganhar uma batalha".


Máis o debate económico deu paso á parte máis interesante, e que traspasou fronteiras: a política sobre infraestructuras e o TGV. Tedes unha estupenda análise no blog de ciencias de Andresrdgz, no seu artigo "a intriga do TGV entre España e Portugal".

É un debate que ós galegos non nos debe deixar indiferentes. De gañar o PSD, Manuela Ferreira afirma que "se som Primeira Ministra, suspendo esa medida, con todas as consequençias". A medida son os acordos asinados en novembro de 2003 -cando ela mesma era ministra do governo portugués- con España pra construir catro liñas TGV, unha delas a liña Porto - Vigo, esencial pro desenvolvemento da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Ese costume dos "golfiños políticos" de botar abaixo as normas asinadas polo seu propio governo en canto chegan a líderes non vos soa de algo? Debe ser unha nova moda entre a dereita...

Neste punto chegamos ó punto álxido do debate, que aconsellamos ver, é un video de só 6 minutos:




Cando Socrates critica os argumentos de Ferreira pra non facer agora os TGVs acordados en 2003 (a conservadora di que hoxe non se pode permitir tal gasto nunha situación de crise, máis o lider do PS recorda que Portugal xa estaba en crise no 2003), Ferreira contraataca atizando os medos atávicos dos portugueses: Portugal leva séculos, dende Aljubarrota e Felipe II, temendo unha asimilación de España. Realmente non poden estar máis enganados: para Madrid, Portugal simplemente non existe. Máis diso eles non son conscientes. Así que, para xustificar o inxustificable, que en 2003 diga que a alta velocidade xera riqueza pro País, e 6 anos despois diga todo o contrario, Manuela Ferreira entra nunha dinámica demagoga e lamentábel: "eu não estou aqui pra defender os intereses dos espanhois, eu non gosto dos espanhois metidos na política portuguesa, PORTUGAL NÃO É UMA PROVINCIA ESPANHOLA". Ata 3 veces o repetíu nun par de minutos.


Pero non todo nesta vida vai ser política. Imos cun pouquiño de humor. Non se vos parece o Socrates a Carlos Blanco no minuto 5:45 "não podes mentir, não podes mentir..."?? :-D Bueno, é igual. Eiqui vos vai outro debate, pero máis cortiño e moito máis divertido. A "entrevista" que lle fan os de Gato Fedorento a Ferreira Leite. Non ten perda:




Non vos preocupedes, tempo teremos de falar de Gato Fedorento e lles adicaremos máis dun post, claro...

Nenhum comentário:

Postar um comentário